Selva de Esmelle, bosque das antas, Grande Fraga, Brocelandia, corazón do bosque, Avalon. Arboredo é a metade de nosoutros. E esa media superficie do país leva a canda si memoria literaria. A modo de lecturas para un verán que agardamos sen lume, Vieiros quere, co apoio das Consellerías de Cultura e Deporte e de Medio Rural, abrir unha devasa de creatividade coas voces das autoras e autores que nos falen do monte como o noso meirande espazo comunal: para a fantasía, para as follas dos libros, para o osíxeno, para os bytes.