Agustín Fernández Paz
En 1955 o panorama musical de Vilalba estaba representado por dúas orquestras: a Mato e a Nueva Lira. Elas eran as encargadas de amenizar, como poñían os carteis que as anunciaban, as festas patronais das parroquias e vilas da Terra Cha, de boa parte da provincia de Lugo e, esporadicamente, dalgunha... [segue]
Xosé Vázquez Pintor
Gaiteiro Nubeiro fixera a travesía de Ons ata Bueu coma quen vai levado de amores na véspera da noite máxica de san xohán, auga do cacho e cacharelas; a flor do tromentelo, o chuchamel, a herba luisa, o botón de ouro... Aquela luz de estrelas sobre o mar que leva a sona e o proveito de ser en todo... [segue]
Francisco Fernández Naval
Largaba de banda e con ritmo, nasa tras nasa, sentindo como unha tiraba da seguinte, procurando centrar a cadencia, sabendo que, de non soltar ben, o aparello imporía a súa forza. Seis brazas de cabo entre unha e outra, doce quilos por peza e así ata duascentas. Con ritmo e con xeito. Xuntas se o... [segue]
Xabier Paz
Tanto daba que fose na vila ou na aldea, no verán sempre había mar. Claro que era mellor na aldea porque había dous mares e dúas praias con menos xente e con máis aventura. [segue]
Rexina Vega
A cidade nova, que medraba con desorde e voracidade, derramouse logo neste vasto polígono a carón do estaleiro, a onde cheguei acubillada aínda no colo da miña nai. [segue]
Pilar Beiro
Logo do esganamento simbólico pódeste mergullar canda o nordés na auga verde e xélida. [segue]
Xurxo Souto
A carón de Terranova, Saint Pierre et Miquelon, esa illa pequecha de dominio francés, onde recalaban no tempo do bacallau as catro tribos mariñeiras: galegos, portugueses, vascos e vascos de Muros. [segue]
Xosé Neira Vilas
...porque se ten que ser así, que sexa e acabouse. Se teño que vivir de vello nunha aldea do interior, moi bonita de montes e agros, moi florecida na primavera, non o nego, nin nego os paxariños, nin as bolboretas, e máis ben digo que este lugar onde vive miña irmá é un paraíso. Todo é certo, pero o... [segue]
Marta Dacosta
Alí estaba. Detrás da porta de dobre cristal que me separaba da vertixe á altura e do cheiro do mar. [segue]
Luisa Castro
Un parolar incesante que te chama, que te xongue a el. Que quererá dicir? [segue]
Alexandre Nerium
- E se é un morto, patrón, o que entre as augas xorde?, profería o xenro do Ghoriño, coa voz entrecortada e treméndolle os dentes. - Non penses mal, Xaquín, ó mellor é unha paca que nos pode zafar este cru inverno. [segue]
Suso de Toro
Non hai nada que ver, o mar non se deixa ver. Nunca ves como é, nada máis está aí. E non lle importa se ti vas a el ou non, se ti pasas por el ou non. Eu andei por todos os mares... [segue]
Onde vas mollar as canelas no verán, onde escapas para ver o sol deitarse no horizonte, o lugar onde os ollos che bateron por vez primeira co océano. Achéganos o relato do teu mar!
mándanos o teu