$data_inicio_votacion=array(12,0,0,5,25,2010); // hora, minuto, seg, mes, dia , ano
$data_final_votacion=array(12,0,0,6,30,2010); // hora, minuto, seg, mes, dia , ano
$tipo_votacion=1; // 1 votacion de todas, 2 votacion de finalistas.
$id_edicion_temas=80; // A de cambiar cada año
$data_inicio_edicion=mktime(12, 0, 0, 5, 4, 2010); // A de cambiar cada año.
?>
Poderán participar no concurso grupos ou solistas de todo o mundo, con cancións gravadas de creación propia que teñan a letra en galego. As cancións serán de tema libre pero valorarase que vaian orientadas a ser un ghit estival.
As cancións participantes iranse publicando na web do concurso por orde de chegada e terán ampla difusión na portada de Vieiros. Os participantes ceden as súas obras baixo licenza Creative Commons que permite a libre descarga, copia e distribución na rede e as obras derivadas, reservándose o dereito comercial.
Na anterior edición, os nosos informáticos vixiaron ao máximo o control da votación dos internautas para que non houbese irregularidades. Mais hai que recoñecelo, non hai sistema infalÃbel. Por ese motivo, e respondendo ás vosas queixas e suxestións, mudamos o sistema de elección dos finalistas.
A votación dos internautas servirá para escoller o que chamaremos "ghit da semana". Cada semana poñeranse os contadores de votos a cero e ao cabo de sete dÃas, destacaremos o ghit máis votado. Isto será independente da elección do gañador final, que nesta ocasión será escollido en exclusiva polo xurado.
O xurado estará formado por un conxunto de persoeiros de recoñecido prestixio no eido musical galego. Logo de que o 25 de xuño remate o prazo de recepción de temas tócalle xa que logo ao xurado iniciar as deliberacións. Escollerán cinco finalistas e destes, un gañador final: o ghit do verán 2010. O 9 de xullo Vieiros anunciara a decisión do xurado.