Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Escáneres

12:00 07/12/2007 / INVERNO, NÚMERO CATRO

Descarga ProTexta, o suplemento de libros de TEMPOS Novos

Corenta páxinas de crítica literaria con entrevistas, reportaxes, crónicas, pezas de creación e unha ollada ao blogmillo.



14:25 14/09/2007 / OS CIBERDELICUENTES MELLORAN AS SÚAS TÉCNICAS

Perigo: máis fraudes bancarios na rede

O Banco de España alerta do “alarmante” aumento do 'phishing'. Comprobar se a web é realmente a do banco é un dos consellos básicos.


10:00 25/05/2007 / Municipais07

Vigo: á procura do tempo perdido

O fracaso do goberno PSdeG-BNG levou a Corina Porro á alcaldía viguesa. O bipartito da Xunta aboca ao PSdeG e ao BNG á formación dun goberno municipal compartido que a sondaxes sinalan tan factíbel como difícil de xestionar.


17:23 14/05/2007 / "GALICA vs. IRLANDA" FOI UN DEBATE ORGANIZADO POLO COLEXIO DE TELECOS

Leccións a aprender do “boom” irlandés

Irlanda multiplica por dez algúns dos indicadores galegos en tecnoloxía. Os expertos din que cómpre investir os fondos de Bruxelas en formación e non en infraestruturas.


13:35 08/05/2007 / ANIVERSARIO NA MARISMA

Baldaio, 30 anos despois dun pulso

Hai trinta anos os veciños da marisma carballesa de Baldaio libraban unha loita contra unha empresa que extraía áridos naquela paraxe. O conflito, canda outros coma o das Encrobas ou Xove, é un referente da historia recente do país.


Logotipo da Sala Nasa
18:58 30/03/2007 / Programación de abril e maio

Música, teatro, audiovisual... na primavera da Nasa

A sala compostelá volve amosar todas as caras da cultura e do espectáculo no cartel previsto para os meses da primavera.


00:00 01/04/2007 / Cando os burros van onde non deben de ir

Tes un titular para o 1 de abril?

Participa no noso concurso. Diríamosche que temos grandes premios, pero non queremos contarche mentira.


Play-Doc
19:13 23/03/2007 / Terceira edición do festival Play-Doc

Unha escolma de documentais proxéctase en Tui

Os directores suecos Fredrik Gertten e Suzanne Khadalian presentaron o mércores os seus traballos.


Críquet
13:00 12/03/2007 / Australia parte como favorita na copa do mundo de críquet

Comeza o mundial do deporte máis elegante

Este martes comeza o mundial de críquet, un deporte que move masas en países tan distintos como a India, Paquistán, Australia, San Cristovo ou Inglaterra.


escaner_muller2
14:27 06/03/2007 / A PRESENZA FEMININA NO COLECTIVO ESCOLAR REPRESENTA O 70%

Tan só un de cada cinco colexios públicos do país ten nome de muller

As mulleres representan o 70% dos traballadores dentro do colectivo de mestres