Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Uxío-Breogán Diéguez


Uxío-Breogán Diéguez

Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, (Madrid, 1978). Licenciado en Historia pola USC, é director da revista Murguia e membro da Xunta Reitora da Fundación Alexandre Bóveda. É especialista na historia do nacionalismo galego na II República. Ten publicado diversos artigos e libros sobre esta temática

Entre estes cabe citar A Asemblea de Concellos de Galiza Pro-Estatuto, (FAB, 2003) ou Álvaro de las Casas. Biografía, Obra e Documentos (Galaxia, 2004). Aliás, o seu traballo tén sido recoñecido en encontros como nos premios Manuel Murguía de investigación histórica e Vicente Risco de Investigación en Ciencias Sociais nos cais ficou como finalista.No 2003 Uxío-Breogán foi cofundador de Murguía, Revista Galega de Historia, colaborando como historiador en diversas publicacións, caso de A Trabe de Ouro, Grial ou Terra e Tempo.

Na actualidade é traballador da Fundación para o Estudo e a Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza (FESGA).